Deseño, maquetación e fotografía dun pequeno catálogo de materiais para unha empresa de impresión 3D. A través de imaxes sugestivas e descricións concisas, este catálogo serve como porta de entrada a un mundo de posibilidades, estimulando a imaxinación de clientes potenciais.

MATERIAL CATALOGUE (2023)
01

ADOBE, SUDOR E LÁGRIMAS

Deseño e redacción dun folleto impreso destinado a promocionar unha plataforma de análise de datos. O contido está deseñado para resaltar os beneficios e capacidades destas métricas, co obxectivo de captar interese e demostrar como pode mellorar a toma de decisións no sector retail.

NOUMENA DATA BROCHURE (2023)
02

Deseño, redacción e fotografía dun pequeno catálogo de produtos dirixido a un público obxectivo interesado en arte, tecnoloxía e sostibilidade.

CATÁLOGO PURE PLANTS (2023)
03

Tarxetas de visita para o grupo empresarial Noumena. Estilo minimalista e profesional en concordancia co sector tecnolóxico.

NOUMENA GROUP BUSINESS CARDS (2023)
04

Oria é unha tipografía serif inspirada en fontes stencil, pero en lugar do acabado militar clásico, adopta un estilo máis futurista e elegante que evoca o espazo e as estrelas.

TIPOGRAFÍA DISPLAY ORIA (2021)
05

O resultado é unha tipografía potente para caracteres grandes, perfectamente lexible a pesar da súa simplificación, e altamente versátil, adecuada para diversas aplicacións de marca, así como para composicións máis artísticas.

Os caracteres reducense aos seus trazos máis esenciais, sendo o elemento común os ángulos dunha estrela de catro puntas.


Pequena infografía realizada durante os meus estudos de dirección de arte publicitaria como exercicio sobre a representación visual de datos.

INFOGRAFÍA HORMONAL (2021)
06

Owgees, unha tenda de roupa urbana en liña con sede en Polonia fundada en 2017 durante a miña estadía en Tczew (Pomerania, Polonia) grazas a unha bolsa Galeuropa.

Dentro deste proxecto, asumín diversas responsabilidades que incluían a fotografía de produtos, o deseño gráfico para un catálogo, a creación de contido para redes sociais e colaborei no desenvolvemento do sitio web. O noso público obxectivo estaba composto por adultos xoves de fala inglesa, co obxectivo de ofrecerlles opcións de moda modernas e asequibles.

OWGEES (2017)
07

© All rights reserved by Irea Seara